Category : Novas

O domingo 31 de xaneiro ofreceremos un concerto acompañados pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela no Teatro Principal ás 12horas. Entrada de balde.

Un orgullo para nós formar parte da programación tan internacional da Sociedade Filarmónica de A Coruña para a tempada 2015-2016! O 3 de maio ofreceremos un concerto no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña

Hoxe pasámolo estupendamente no Museo de Belas Artes da Coruña Mañá Luns, estaremos no Auditorio Municipal de Ourense estreando o noso novo proxecto “BENVIDOS Á MÚSICA, BENVIDOS AO BRASS” Hércules Brass Quinteto de metais non deixa indiferente a ninguén, ofrece un espectáculo onde o público poderá entender e descubrir coa mirada elementos musicais que conforman a obra que están escoitando. Interpretarán un repertorio que vai desde Bach ata Anthony Plog pasando por Mozart, Johann Strauss e Bizet, entre outros. Unhas obras adaptadas ao conxunto de metais, e obras de compositores contemporáneos que xa escriben música para estas agrupacións. Con este espectáculo queremos mostrar a riqueza tímbrica e expresiva dos instrumentos de vento metal, así como a súa forza expresiva enriba do escenario. 10h e 12h para escolares

Este domingo ofrecemos un Concerto dentro do XVII Ciclo de Concertos de Outono 2015 organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña. Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña 12:30 horas Entrada de balde

Os mozos do quinteto de metais Hércules Brass (Víctor Vilariño, Alejandro Vázquez, Esteban Méndez, Javier González e Rodrigo Rodríguez) son os invitados desta semana en “Música Joven”, o espazo de Radio Clásica feito por e para aqueles que queren abrirse camiño no mundo da clásica, tanto a nivel nacional como internacional.