4 August, 2015
II FESTIVAL HÉRCULES BRASS CELANOVA (Eventos pasados)
sibrinca
4 August, 2015 - 8 August, 2015
All day
Celanova
Categories: Eventos pasados
Dende Hércules Brass Quinteto de metais estamos moi orgullosos de poder presentarlles o “II Festival Hércules Brass Celanova”.
Tras o éxito obtido na primeira edición, o segundo festival ten como obxectivo a consolidación dun encontro musical que intenta converterse no mellor escaparate da música de vento-metal dentro do panorama artístico galego.
Esta segunda edición recolle unha serie de actividades como clases maxistrais, coloquios, concertos e actividades de lecer. Ademais, como complemento desta variada oferta e tomando en conta as propostas feitas polas persoas asistentes na primeira edición, este ano introducimos novidades como o taller de respiración “O método das tres chaves” e as clases de música de cámara onde o alumnado realizará un concerto.
Unha vez máis o festival celebrarase en Celanova e terá lugar dende o 4 ao 8 de agosto de 2015.
Consideramos que é unha aposta fascinante e esperamos que teña moi boa acollida, que este á altura das esixencias do público en xeral e que poidamos repetir en próximas edicións.