No bico un Cantar 2015

5 June, 2015

No bico un Cantar 2015 (Eventos pasados)

sibrinca

5 June, 2015 - 5 June, 2015

6:00pm – 7:00pm

Praza de Fefiñáns, Cambados

Categories:

Queremos convidarte a esta actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia. En edicións anteriores de No bico un cantar dedicadas a Rosalia de Castro (2013) e a Curros Enríquez (2014), e neste 2015 a Ramón Cabanillas, No bico un cantar conectará os estudantes co mellor da nosa música e o senlleiro escritor cambadés.

Os protagonistas serán as nenas e nenos que participan na actividade e pertencen aos CMUS Profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo acompañados por Hércules Brass e dirixidos por Maximino Zumalave.