08 de Novembro de 2015

Estrea de “BENVIDOS Á MÚSICA, BENVIDOS AO BRASS”

herculesbrass

No Comments

Hoxe pasámolo estupendamente no Museo de Belas Artes da Coruña
Mañá Luns, estaremos no Auditorio Municipal de Ourense estreando o noso novo proxecto “BENVIDOS Á MÚSICA, BENVIDOS AO BRASS”
Hércules Brass Quinteto de metais non deixa indiferente a ninguén, ofrece un espectáculo onde o público poderá entender e descubrir coa mirada elementos musicais que conforman a obra que están escoitando. Interpretarán un repertorio que vai desde Bach ata Anthony Plog pasando por Mozart, Johann Strauss e Bizet, entre outros. Unhas obras adaptadas ao conxunto de metais, e obras de compositores contemporáneos que xa escriben música para estas agrupacións.
Con este espectáculo queremos mostrar a riqueza tímbrica e expresiva dos instrumentos de vento metal, así como a súa forza expresiva enriba do escenario.

10h e 12h para escolares