Festival Hércules Brass Celanova

Dende Hércules Brass Quinteto de metais estamos moi orgullosos de poder presentarlles o “Festival Hércules Brass Celanova”.

Tras o éxito obtido na primeiras edicións, temos como obxectivo a consolidación dun encontro musical que intenta converterse no mellor escaparate da música de vento-metal dentro do panorama artístico galego.

Consideramos que é unha aposta fascinante e esperamos que teña moi boa acollida, que estea á altura das esixencias do público en xeral e que poidamos repetir en próximas edicións.