III Festival Hércules Brass Celanova

Tras o éxito obtido nas edicións anteriores, o terceiro festival ten como obxectivo a consolidación dun encontro musical que intenta converterse no mellor escaparate da música de vento metal dentro do panorama artístico galego.

Unha vez máis, o festival celebrarase en Celanova, Concello localizado na provincia de Ourense, rexión incomparable e coñecida polo seu gran valor patrimonial, histórico, literario e cultural, e terá lugar do 1 ao 5 de Agosto de 2016.

Esta terceira edición recolle unha serie de actividades como clases maxistrais, coloquios, concertos e actividades de lecer. Ademais, como complemento desta variada oferta, este ano introducimos novas actividades que permitirán enriquecer a programación, todo isto encamiñado ao fomento da cultura musical da rexión e da man de recoñecidos artistas.

Preténdese que dito festival teña continuidade e que se celebre cada ano no mes de agosto, mantendo o nivel da formación e dos artistas que participan e co propósito de dar, cada vez máis, visibilidade a Comarca de Celanova en aras de convertela nun referente da cultura musical.

En conclusión, consideramos que é unha aposta fascinante e esperamos que teña moi boa acollida, que este á altura das esixencias do público en xeral e contribúa ao beneficio da rexión.