27 de Maio de 2012

Hércules Brass gaña o Primeiro Premio no IV Concurso de Quintetos de Vento metal “Valeriano Machi i Esparza”

sibrinca

No Comments

O quinteto de metais Hércules Brass formado por músicos galegos gañou o 1º Premio no IV Concurso de Quintetos de Vento metal “Valeriano Machi i Esparza”. O sábado 26 de Maio ás 10 da mañá comezou a semifinal que consistía na interpretación da obra obrigada “Bracamarte Kings of Gold” do compositor Machi i Castell. Catro grupos obtiveron o pase á final celebrada esa mesma tarde na Casa da Cultura de Benimodo, o ensemble galego interpretou a obra Quintette Victoria de Ivan Jevtic e consigueu o Primeiro Premio, constituído por 1.500€ e Diploma acreditativo.