Alejandro Vázquez

Alejandro Vázquez, Trompeta

Ourense, 1986. Comezou coa trompeta da man do seu tío Eligio e pronto recibiu clases do mestre John Aigi Hurn. Estudou na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia con Javier Simó. Cursou os seus estudos superiores en Musikene co mestre Luís González e un máster no Conservatorio de Amsterdam con Frits Damrow. Perteneceu a diversas novas orquestras como ONSG, JONDE, NJO, entre outras. Colaborou coas orquestras Cidade de Granada, Sinfónica de Castela e León, Sinfónica de Bilbao, Sinfónica de Euskadi, Xuvenil Simón Bolívar (Venezuela), Sinfónica do Porto Casa da Música (Portugal), Filharmónica de Jalisco (México) e Royal Concertgebouw (Holanda), realizando gravacións e xiras por todo o mundo. Como docente, foi mestre no Conservatorio de Celanova e impartiu cursos en Xixón, Cedeira, Meaño, Ponferrada e Lalín; ademais de ser convidado pola JONDE como profesor de trompeta en Costa Rica e Venezuela. Actualmente é membro de Hércules Brass, profesor no Conservatorio de Verín, educador no proxecto Abanca ReSuena e colaborador frecuente na Sinfónica de Galicia e na Real Filharmonía de Galicia.