Javier González

Javier González, Trompa

javi01

Agolada, 1987. Rematou os seus estudos superiores no Conservatorio da Coruña e máster en Especialización Orquestral na EAEM baixo a tutela de Jordi Ortega. No ano 2011 foi seleccionado para participar nos premios á excelencia musical, organizado pola Xunta de Galicia. Foi membro da ONSG, Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e da JONDE. Colabora con distintas orquestras como Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra de Estremadura, Sinfónica de Castela e León, Orquestra do Teatro Lírico de Barcelona e Sinfónica de Xixón. Na actualidade é membro de Hércules Brass, mestre no conservatorio de Lalín e director da Banda de Antas de Ulla.