Victor Vilariño

Victor Vilariño, Trompetavictor01

Cirela, 1987. Comezou os seus estudos musicais co mestre Bernardo Hermida e licenciouse no Conservatorio Superior de Vigo con Luís González Amosa e Adolfo Caride. Realizou o máster en Especialización Orquestral na EAEM. Foi membro da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE). Gravou un disco cun premio da Fundación Paideia nos estudos Mans; e foi gañador do concurso de novos intérpretes “José Valcárcel”. Colabora coas orquestras Sinfonietta de Vigo, Joven Teresa Carreño (Venezuela), Xuvenil Simón Bolívar (Venezuela), Cidade de Granada, Real Filharmonía de Galicia e Sinfónica de Castela e León. Así mesmo, é membro de Hércules Brass, profesor no Conservatorio Profesional de Música da Estrada e director da Banda de Música de Vilatuxe.