Rodrigo Rodríguez

Rodrigo Rodríguez, Tuba

Viveiro, 1986. Estuda en Viveiro, A Coruña e Oviedo, onde se licencia na especialidade de tuba no Conservatorio Superior de Oviedo co mestre Alfonso Mollá, tralo seu paso por Lyon, Francia, cos mestres Arnaud Boukhetine e Mel Culbertson. Formou parte da European Youth Wind Orchestra, Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e da bolsa de instrumentistas da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE). Impartiu cursos en Xixón, Cedeira, Meaño, Ponferrada e Lugo, ademais de ser convidado pola JONDE como profesor de tuba en Costa Rica. Actualmente, é membro de Hércules Brass, colaborador da Orquestra Sinfónica de Galicia, e profesor na Escola Municipal de Música de Oleiros e na Banda Municipal de Música “O Landro” de Viveiro.