Un Quinteto de vento-metal triste porque non atopa o seu lugar no mundo.
Unha bruxa chamada Anónima que ten que fuxir porque a xente ten medo dos seus conxuros.
O Quinteto e a Bruxa Anónima atópanse no medio dun camiño e descobren que poden axudarse. O Quinteto tocará a música que lle permita á Bruxa crear un poderoso conxuro, o conxuro que quita todos os medos. E así van viaxando, xuntos.
Cando o medo por fin desaparece, as bruxas son libres de ir onde queiran, e ata un Quinteto de Vento-Metal pode tocar con toda unha Orquestra.
A música ten ese poder. Tamén a música das palabras.
A música, como a maxia, aparece en calquera momento e consegue o imposible.