Eventos pasados

09 de Xullo de 2018

O 11 de xullo estaremos en Portugal, ofrecendo un concerto no BRAGA TROMBONE FESTIVAL, organizado por Portuguese Brass Alí estarán participando profesores como Bart Claessens, Mark Hampson e Petur Eiriksson Espectacular!!

09 de Xullo de 2018

O luns 9 de xullo estaremos no Festival Internacional de Música MELIDE CLÁSICA. Primeira parada de GROBA en RUTA Concertos gratuitos cada noite ás 22:00 horas en: *Igrexa Sancti Spiritus *Capela San Antonio *Auditorio Melide  

24 de Maio de 2018

O certame musical No bico un cantar é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia que se celebra cada primeiro venres de xuño dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia. Esta actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.    

O xoves 25 de xaneiro terá lugar na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE de Santiago de Compostela, a presentación do disco de Hércules Brass. “Le Quintet dans la poche” é o primeiro disco do quinteto de metais Hércules Brass que,tralo seu éxito nos escenarios farannos desfrutar agora do seu traballo discográfico. O acto terá lugar ás 20:30 horas coa intervención de Anxo M. Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Juan Durán, compositor; Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia; e Hércules Brass Quinteto de Metais.

27 de Outubro de 2017

OS SUPERHÉRCULES visitan Ourense para ofrecer das funcións para escolares da cidade das burgas. Serán o luns 6 de novembro ás 10 e 12 horas no Auditorio Municipal.